Cando quero vivir
Cando quero soñar
Cando quero chorar
Cando quero surrir
Cando quero morrer
digo Moraima.
Digo Moraima
cando semento a espranza.
Digo Moraima
e ponse azul a alba.
Cando quero soñar
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a noite é pechada.
Digo Moraima
e ponse a luz en marcha.
e ponse a luz en marcha.
Cando quero chorar
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a anguria me abafa.
Digo Moraima
e ponse a mar en calma.
Cando quero surrir
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a mañá é crara.
Digo Moraima
e ponse a tarde mansa.
Cando quero morrer
non digo nada.
E mátame o silencio
de non decir Moraima.

Calpurnia
10 oct 2007 | 07:02 AM
Xa é hora q´ te pohnas a esciber. Tanta filosofía debe serbirche pra algo.
Un aproveita o tempo é recohnecese falando ou escribindo su subconciente (no su inconciente, q´é outra cousa).
Fastidiame moito q´ cas tuas capacidades, das q´ dou fe, se perdan. E inperdoable !!!!!!
Hi che van unas letrihnas de mais pas posibeis faltas de hoticultura q´ poda ter.
H I J K .............................
Una aperta ou como se di en castelan un ABRAZOOOOO !!!!!!!!!!!